Publicador de contidos
Publicador de contidos

Italia substitúe a España como socio preferente de Alxeria

Italia substitúe a España como socio preferente de Alxeria

Mario Draghi subscribe 15 acordos co goberno alxeriano

Será o primeiro cliente para o gas do país magrebí

Antón Montero 19/07/2022 21:04

Italia pagará 4.000 millóns de dólares a Alxeria para garantir a subministración de gas de cara ao próximo inverno e deixar de depender de Rusia.

Trátase dun acordo que ten consecuencias para España, porque Italia e Alxeria non se limitaron a negociar co gas.

Firmaron acordos en ata 15 ámbitos que abarcan sanidade, xustiza, enerxías renovables e construción de infraestructuras públicas.

Alxeria será o primeiro provedor de gas en Italia, pero Italia convértese no socio europeo máis importante para o país africano. Por exemplo, será o encargado de garantir a electricidade solar en Alxeria, tarefa da que antes se encargaba España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade