Jacobo: "Foi unha broma dos amigos pola miña despedida de solteiro"
Jacobo: "Foi unha broma dos amigos pola miña despedida de solteiro"
O afeccionado céltico explica no Galicia en Goles a imaxe da xornada
Todo ten unha explicación. Con troula e esmorga de por medio. Cervi e Aspas, autores dos goles olívicos esta tarde no Sánchez Pizjuan, tiveron que compartir protagonismo con Jacobo, un afeccionado celtista, residente en Madrid, que se fixo viral nas redes tras celebrar un dos tantos no estadio sevillista coa camisola co Deportivo. O Galicia en Goles buscouno e atopouno ao remate do partido nos aledaños do estadio. E alí explicou a surrealista imaxe da xornada.
"Caso o vindeiro doce de marzo. Onte cheguei derreado de traballar e non estaba a miña moza. Estaban os meus amigos que me colleron e me meteron no AVE. Viñemos a Sevilla pensando en ir ao partido pero houbo problemas coas entradas. Esta mañá pecháronme os ollos e puxéronme a camisola. Antes do partido unha parella viunos e fíxolles gracia. Conseguíronnos entradas e alí desfrutamos"
Jacobo falou sobre como viviu o partido e facerse tan popular en apenas minutos.
"En canto saín xa me comezaron a dicir que toda a xente estaba falando diso. Mira, xa lle collo cariño á camiseta. Antes non a quería, agora creo que vou quedar con ela. Ao final do encontro estabamos agardando á xente do club, que nos ían facer unha entrevista pero a seguridade dixo que tiñamos que saír. Pasámolo ben e incluso os afeccionados do Sevilla falaban connosco"