Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome intentou que dous funcionarios asumisen unha multa do seu coche en Vigo

Jácome intentou que dous funcionarios asumisen unha multa do seu coche en Vigo

"O que non pode ser é que me pillen a min. Perdo votos" argumentou ante eles o alcalde de Ourense, nuns audios que publica en exclusiva o xornal La Región

Fiinalmente identificou como condutor un colaborador seu e amigo que vai na súa candidatua de DO ao Concello de Ourense

Os grupos políticos de Ourense como o BNG, o PSOE, Podemos e mesmo o PP denunciaron os feitos tras coñeceren os audios e piden que investigue a xustiza

Gonzalo Pérez Jácome nun pleno do Concello de Ourense Gonzalo Pérez Jácome nun pleno do Concello de Ourense
G24.gal 06/05/2023 19:36

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por Democracia Ourensá, sondou dous funcionarios municipais para que se identificasen como condutores dun coche da Alcaldía multado un sábado pola tarde do mes de setembro en Vigo, a cen quilómetros de distancia, conforme uns audios divulgados este sábado polo diario La Región.

Neses audios escóitase unha conversa con outras persoas, identificadas como funcionarios municipais, na que o alcalde de Ourense suxire que un deles se identifique como o condutor do vehículo da Alcaldía multado en setembro de 2022 por un radar fixo en Vigo a 88 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 km/h.

Tras poñeren reparos e reticencias todos chegan á conclusión de que debería ser alguén "eventual", un asesor, quen se identificase como o condutor do vehículo e que alegase, no caso de que lle preguntasen, que acudira a un evento tecnolóxico.

"Bo, non pasa nada, pensádeo. Nada, non é nada. De momento non fai falta, estamos a valorar, vale? Isto é un tema electoral. Ou sexa, o que non poden facer é que me pillen (…), é que me apunten a min. Con iso perdo votos", escóitase o alcalde nese audio publicado este sábado por La Región.

O alcalde sempre negou ser el quen conducía ese vehículo ese día e recentemente outra persoa identificouse como a condutora do vehículo. Tras a publicación dos audios, unha conta nas redes sociais vinculada ao alcalde escribiu: "De aquí ao final de eleccións a guerra sucia e manipulada de La Región e La Voz será incesante".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade