Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jair Bolsonaro nega calquera responsabilidade

Jair Bolsonaro nega calquera responsabilidade

O expresidente ultradereitista rexeita as acusacións do actual mandatario

Di que o vandalismo e as invasións de edificios públicos están fóra da democracia, "como as practicadas pola esquerda en 2013 e en 2017"

A Policía Civil de Brasilia eleva a 300 as persoas detidas e anuncia máis arrestos

Foto de arquivo Foto de arquivo
G24.gal 09/01/2023 02:54

Jair Bolsonaro rexeita calquera responsabilidade na toma das sedes do Congreso, da Presidencia e da Corte Suprema do Brasil por parte de varios milleiros de seguidores seus. Fíxoo desde os Estados Unidos, a onde viaxou pouco antes da toma de posesión do seu sucesor, da que se ausentou.

O exmandatario ultradereitista pronunciouse a través das redes sociais horas despois de que a situación fose controlada polas forzas de seguridade.

Lula da Silva, que xa puido ver en Brasilia o regueiro de destrución que deixaron os simpatizantes do seu predecesor, acusouno de alentar os actos golpistas.

Trescentas persoas prendidas

A Policía Civil de Brasilia eleva xa a 300 as persoas detidas e anuncia máis arrestos. Horas antes, o ministro de Xustiza Flávio Dino informaba de que se practicaran arredor de 200 detencións.

Dino explicou que gobernadores doutros estados están cedendo axentes policiais para fortalecer a seguridade do Distrito Federal de Brasilia nos vindeiros días. E dixo que pedirán o uso de tropas das Forzas Armadas como apoio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade