Javi Díaz chega aos 600 partidos na Asobal
Javi Díaz chega aos 600 partidos na Asobal
O porteiro do Cangas chegará esta noite á centenaria cifra no partido que disputa o seu equipo no Gatañal ante o Puente Genil
Aos seus 46 anos, non descarta seguir xogando a próxima temporada
Javi Díaz segue sumando partidos o seu currículo e esta noite chegará a cifra de 600 na máxima categoría do balonmán nacional. O rosaleiro xogou onte 'Ao contraataque' e valorou a súa extensa carreira profesional:
"Non esperaba chegar os 500 menos aos 600. Teño 46 anos e xa non digo nada. Levo tras dicindo que este é o último. Un partido destes 600? Seguramente a semifinal de Copa do Rei co Teucro ante o Barcelona. Non xoguei nun grande, pero vivín cousas marabillosas que incluso sabían mellores cos títulos".
Este ano o Cangas converteuse nunha das revelacións da Asobal grazas en parte ás actuacións do veterano porteiro que mandaba unha mensaxe de cautela:
"Temos que ter os pés no chan. E non ver a posición na que estamos. Somos o segundo equipo máis novo da Asobal e iso que estou eu no cadro de xogadores"