Cargando resultados...
Javi Muñoz, adestrador axudante do Breogán, demandará o club
Javi Muñoz, adestrador axudante do Breogán, demandará o club
Acúsao de interceptar e difundir conversas privadas de WhatsApp
G24.gal
28/06/2023 16:37
O segundo adestrador do Breogán, Javi Muñoz, anunciou nun comunicado que demandará o club. Muñoz asegura que "se interceptaron unhas conversas privadas que mantiven pola aplicación WhatsApp co meu representante".
Non só iso, senón que asegura que esas conversas se "transmitiron aos membros do Consello de Aministración do Club, aproveitando para trasladar unha importante perda de confianza no exercicio das miñas funcións como adestrador axudante e influír na percepción que ata a data se tiña do meu traballo".
Comunicado íntegro de Javi Muñoz aos medios de comunicación