Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javi Rodríguez cumpre un soño e debuta en Primeira División

Javi Rodríguez cumpre un soño e debuta en Primeira División

O central saltou ao céspede de Balaídos tras o descanso do Celta-Deportivo Alavés

G24.gal 21/08/2024 15:10 Última actualización 21/08/2024 15:24

A Javi Rodríguez pódeselle aplicar a máxima de "o que a segue, conséguea". Ao canteirán do Celta chegóuselle mesmo a abrir a porta de saída no seu día, pero el decidiu quedar e pelexar por facer un oco no equipo e en poder cumprir un soño que esta fin de semana se fixo realidade.

O pasado venres, Balaídos foi testemuña da estrea ligueira e do debut en Primeira División do futbolista da Celta Fortuna e un dos últimos "cachorros" da camada de Claudio Giráldez. O futbolista de Poio falou con Celta Media da súa estrea na liga.

O céltico pode tachar xa cunha cruz este obxectivo da súa carreira deportiva.

"Debutar na primeira división co Celta é un soño, e máis porque son canteirán desde ben pequeno".

Javi Rordríguez saltou ao campo na segunda metade e conta aos medios do club que sentiu neses momentos previos.

"No minuto 30 mándanme quentar, prepárome e no descanso dinme que vou entrar, moi contento. Ademais xogar en Balaídos con toda a afección fíxome moita ilusión".

O defensa de Poio tivo o apoio da súa familia durante o partido

"Non pensei en nada en concreto e centreime en facelo o mellor posible. A miña familia estaba moi emocionada, a miña nai non puido vir verme porque estaba a traballar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade