O Goberno de Mondariz presenta a súa dimisión en bloque
O Goberno de Mondariz presenta a súa dimisión en bloque
Dá o paso tras verse incapaz de aprobar os orzamentos municipais
Os seus cinco edís pasan á oposición á espera de que se forme un novo goberno
O Goberno de Mondariz presentou en bloque a súa dimisión este mércores tras verse incapaz de aprobar os orzamentos municipais e os seus cinco edís pasan á oposición á espera de que se forme un novo goberno.
“Dimitimos todos. O bloqueo era total e absoluto. E por encima de todo están o Concello e os veciños e hai que sacar cousas adiante”, dixo o ata o de agora rexedor, Xoán Carlos Montes Bugarín, que gobernaba en minoría con outros catro edís de Alternativa por Mondariz.
“Quedamos na oposición e que veñan solucionar os problemas os que non deixan traballar ao resto”, continuou en referencia a PP, PSOE e BNG, aos que acusara de aliarse contra o seu partido para impedirlles gobernar.
Segundo Montes Bugarín, “pronto” se convocará un pleno para comunicar esta situación e proceder despois á elección dun novo alcalde.
O PP ten tres edís, o BNG ten dous e o PSOE, un.