Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goirigolzarri presenta a súa renuncia como presidente de CaixaBank

Goirigolzarri presenta a súa renuncia como presidente de CaixaBank

Ocupou o cargo dende 2021 e a súa dimisión é de carácter voluntario

Tomás Muniesa, ata o de agora vicepesidente, subsituirá a Goirigolzarri

Gustavo Valiente/EuropaPress Gustavo Valiente/EuropaPress
G24.gal 30/10/2024 09:56

O presidente de CaixaBank, José Ignacio Goirigolzarri comunicou este mércores a súa renuncia voluntaria ao cargo de presidente executivo de CaixaBank, que ocupaba desde a absorción de Bankia, en marzo de 2021.

Con esta substitución dentro da cúpula de CaixaBank volve estar sobre a mesa a cuestión da presidencia executiva, un cargo que ao Banco Central Europeo (BCE) lle xera dúbidas por concentrar funcións executivas e de representación.

Goirigolzarri foi presidente executivo de CaixaBank desde 2021, cando a entidade absorbeu a Bankia, onde tamén ocupaba o cargo de presidente desde 2012. A integración de ambas as entidades creou o maior banco do mercado español.

Con todo, na banca española, dous dos grandes grupos, Santander e BBVA, manteñen este posto, que ocupan Ana Botín e Carlos Torres.

Tomás Muniesa substituirá a Goirigolzarri

José Ignacio Goirigolzarri será substituído por Tomás Muniesa, ata o de agora vicepresidente da entidade.

Muniesa asumirá o cargo o 1 de xaneiro de 2025, momento a partir do cal a presidencia do banco deixará de ter funcións executivas, informou CaixaBank á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A saída de Goirigolzarri chega ao termo dun ciclo estratéxico para a entidade, que presentará a súa folla de ruta 2025-2027 o próximo 19 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar