Jeffrey Herlings, campión do mundo de MXGP
Jeffrey Herlings, campión do mundo de MXGP
Jorge Prado rematou no quinto posto
Rubén Fernández finalizou o Gran Premio de Mantova no oitavo lugar
Jeffrey Herlings proclamouse campión do Mundo de MXGP na segunda carreira do Gran Premio de Città dei Mantova (Italia). O neerlandés gañou tamén a primeira carreira, pero a súa proximidade na clasificación con Febvre facía que xogasen todo na segunda. Finalmente só 5 puntos na xeral foron a diferenza.
O galego Jorge Prado acaba a tempada quinto na xeral mentres que Rubén Fernández volveu facer un gran traballo e finalizou o Gran Premio de Mantova no oitavo lugar.
Herlings impúxose xa na primeira manga demostrando a súa agresividade. Saíu na cuarta posición pero aos dez minutos de carreira realizou un par de adiantamentos espectaculares. Febvre tentou seguir a súa roda, pero acabou no segundo posto. Jorge Prado foi o máis rápido na primeira volta (holeshot) pero acabou cedendo diante do empuxe dos favoritos e acabou na quinta posición. Rubén Fernández chegou a rodar no sexto posto, pero acabou no 12º posto.
He has done it! 🔥 Jeffrey Herlings is the MXGP WORLD CHAMPION! 🥇✨#MXGPCittaMantova #MXGP #Motocross pic.twitter.com/IBzRgOfMlY
— MXGP (@mxgp) November 10, 2021