Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha carreira menos para que Prado consiga o Mundial

Unha carreira menos para que Prado consiga o Mundial

O galego logrou un 3º posto na primeira quenda e unha vitoria na segunda

Fixo bo o seu domiño na carreira de clasificación

G24.gal 30/07/2023 15:36

Febvre consegue a vitoria xeral en Finlandia, mais Prado defendeuse cunha gran fin de semana e consegue que estas últimas carreiras semellen unha conta atrás para gañar o Mundial.

O francés conseguiu unha vitoria na primeira quenda que, sumado ao 3º posto de Prado nela, permítelle vencer o fin de semana por quinta carreira consecutiva, mais só lle recorta 2 puntos a Prado.

Prado exerceu o seu dominio na clasificatoria e realizou unha gran segunda manga loitando contra o francés e soportando a súa presión.

O lucense marcha de Finlandia con 45 puntos no peto que o sitúan nunha posición de forza a falta de só 4 fins de semana de competición e coa posibilidade de administrar os 98 puntos de diferenza respecto ao segundo.

A nota negativa é a caída de Rubén Fernández cando ía 5º. O vigués non puido competir na última carreira debido as molestias, mais semella que non existe ningunha lesión grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar