Jonas Vingegaard voa na crono e case sentenza o Tour de Francia
Jonas Vingegaard voa na crono e case sentenza o Tour de Francia
Sacoulle 1,38 minutos ao esloveno Tadej Pogacar
O español Carlos Rodríguez cedeu 24 segundos co británico Adam Yates
O danés Jonas Vingegaard impúxose con moita marxe na única crono do Tour de Francia, con 1,38 minutos con respecto ao esloveno Tadej Pogacar, mentres que o español Carlos Rodríguez cedeu 24 segundos co británico Adam Yates, que lle arrebata a terceira posición provisional.
Nos 22,4 quilómetros entre Passy e Combolux, incluído un porto de segunda categoría, foi un raio que agora ten unha marxe de 1,48 minutos con respecto a Pogacar, que non puidera superalo en montaña. A 8,52 sitúase Yates, cinco segundos por diante de Rodríguez a falta da última etapa alpina deste mércores.
📽️ Revive la emoción del ÚLTIMO KILÓMETRO de la 16ª etapa.
— Tour de France ES (@letour_es) July 18, 2023
🇪🇸 @_rccarlos ➡️ 🇸🇮 @TamauPogi ➡️ 🏆🇩🇰 Jonas Vingegaard#TDF2023 pic.twitter.com/rGJ1WYnRLf