Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jonatán Pousada, de crego a viticultor

Jonatán Pousada, de crego a viticultor

Exerceu dez anos de párroco en Calvos de Randín, pero decidiu deixar o sacerdocio e montar a súa propia adega, Casal do Canteiro.

G24.gal 12/06/2024 20:32

Empezou a traballar nas viñas familiares con tres anos; dende entón, Jonatán Pousada, estivo sempre ligado ao mundo do viño, pero como unha segunda actividade. Lembra que, cando era novo, o traballo no campo estaba desprestixiado e reservado aos non que non valían para estudar.

El ingresou no seminario e tras once anos de formación ordenouse sacerdote. Durante unha década exerceu como crego en Calvos de Randín, ata que se deu conta que esa non era a súa vocación. Deixouno en 2019 e comezou a darlle forma ao seu soño, montar unha adega, mentres traballaba nun concesionario.

En setembro do ano pasado abriu as súas portas de Casal do Canteiro, en Castrelo do Miño. Comezou con 7000 metros e xa vai polas catro hectáreas de viñedo. Co proxecto descubriu a súa auténtica vocación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade