Publicador de contidos
Publicador de contidos

Revisar prezos, non mercar de xeito compulsivo e non fiarse das bicocas, consellos para o venres negro

Revisar prezos, non mercar de xeito compulsivo e non fiarse das bicocas, consellos para o venres negro

Segundo un estudo da OCU feito o ano pasado, só o 14% dos produtos foi efectivamente rebaixado, o 50% seguiu igual e o 36% mesmo subiu

Recomendan evitar caer nas grandes ofertas de internet porque detrás da maioría hai unha estafa, segundo a OCU

G24.gal 26/11/2024 21:10

Coma en todas as modas improtadas dos EUA (e doutros lugares) non son poucos os que caen nos reclamos do Black Friday incluso sen necesitar os produtos que acaban mercando. Así o comenta unha muller na rúa do Paseo de Ourense "metéronnos isto na cabeza e aquí estamos, aínda que non nos faga falta".

Cómpre ter moito coidado cos anuncios de grandes descontos nestes días, xa que as rebaixas en moitos casos non son efectivas. A OCU analizou dezaoito mil produtos na campaña de 2023 e deu un resultado sorprendente:

"So o 14% dos produtos fora efectivamente rebaixado, a metade seguía co mesmo prezo, e incluso o 36 por cento subira o prezo de antes do black friday", asegura Kepa Loizaga, voceiro da OCU.

E isto acontece porque algúns comercios, ilegalmente, soben os prezos xusto antes de aplicarlles os descontos no venres negro. Por iso recoméndase revisar os prezos de antes e despois dos supostos descontos, porque en moitos casos anúlase ese aforro.

Dende a OCU recomendan tamén non fiarse das grandes bicocas que en días coma estes aparecen en internet, porque detrás desa venda non se sabe quen está "e é probable que o produto chegue mal ou incluso non chegue, e non hai a quen reclamar", sinala Kepa Leizaga.

Ninguén dá un duro a catro pesetas, como dí o refrán, así que cómpre estar atentos para que o black friday non se convirta nun venres negro na carteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos