Cargando resultados...
Prorrogada a detención do home que acoitelou a súa muller en Lugo
Prorrogada a detención do home que acoitelou a súa muller en Lugo
Acordouno a xuíza encargada do caso ao entender que o arrestado non está en condicións de declarar
G24.gal
26/11/2024 20:52
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo acordou a prórroga da detención do home que foi arrestado o domingo por acoitelar a súa muller en Lugo, ao entender que non está en condicións de declarar.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, está pendente de valoración para o seu posible ingreso nun centro psiquiátrico.
Foi detido pola Policía Nacional o domingo como sospeitoso de asestarlle varias coiteladas á súa muller no domicilio que ambos compartían na capital. A vítima foi evacuada de urxencia ao Hospital Universitario Lucus Augusti, pero tras recibir asistencia médica polas súas lesións, recibiu a alta.