Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia suma un novo restaurante con Estrela Michelín e Retiro da Costiña, de Manuel García, consegue a segunda

Galicia suma un novo restaurante con Estrela Michelín e Retiro da Costiña, de Manuel García, consegue a segunda

O restaurante Simpar de Santiago, logra a súa primeira estrela

Manuel Costiña, chef do Retiro da Costiña Manuel Costiña, chef do Retiro da Costiña
G24.gal 26/11/2024 21:15

Dúas estrelas Michelín recoñecen o labor que ven realizando en Santa Comba o restaurante Retiro da Costiña. Foi distinguido na gala celebrada este martes en Murcia, pouco tempo despois de recibir tamén o premio a mellor sobremesa de España.

Distinguido xa cunha estrela Michelín desde 2008, Manuel Costiña únese a Javi Olleros e Pepe Vieira no selecto grupo de chefs galegos con dúas estrelas. Unha distinción que chega cando este establecemento de Santa Comba cumpre xa 85 anos.

O restaurante Simpar de Santiago de Compostela conseguiu a súa primeira Estrela Michelin, nunha gala celebrada na tarde deste martes en Murcia.

O Simpar, situado no número 47 da rúa do Vilar da capital galega, é o único establecemento de Galicia que se incorporou na nova Guía Michelín 2025. Recentemente logrou ademais ser distinguido como o restaurante que elabora os mellores callos de España.

Tal como destaca Michelín, os seus cociñeiros, Áxel Smyth e Claudia Merchán, defenden unha cociña "técnica e creativa", de raíces galegas, en constante evolución. "Os seus provedores teñen nomes e apelidos!", subliña.

 

Áxel Smyth, do restaurante Simpar Áxel Smyth, do restaurante Simpar

Repiten na lista con dúas Estrelas Michelin Culler de Pau, do Grove, e Pepe Vieira, en Raxó, uníndose agora Retiro da Costiña.

Ademais de Simpar, unha Estrela Michelin teñen en Galicia os restaurantes Maruja Limón, de Vigo; Silabario, de Vigo; Eirado, de Pontevedra; Yayo Daporta, de Cambados; Solla, de Poio; Árbore da Veira, da Coruña; As Garzas, de Malpica; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, de Santiago de Compostela; O Pazo, de Padrón; Terra, de Fisterra, e Nova e Ceibe, de Ourense.

Pola súa banda, o restaurante O Secadeiro, situado na Serra de Outes (A Coruña), conseguiu unha Estrela Verde, distinción que destaca as prácticas sostibles.

"Atesouramos un horto propio, cun pequeno invernadoiro, e calculamos que o 80% dos produtos cos que traballamos veñen da nosa contorna. Poñemos o foco especialmente no mundo vexetal e recuperamos legumes autóctonos, como o Lentellón de Banzas", destacaron os seus chef Eva Guzmán e Fernando Rodríguez.

Listado completo

Este é a listaxe completa das novidades de España na guía Michelin 2025:

-3 ESTRELAS:

Casa Marcial (Arriondas, Asturias)

-2 ESTRELAS:

A Levante (Chiclana da Fronteira, Cádiz)

Lú Cocina e Alma (Xerez);

Retiro da Costiña (Santa Comba)

-1 ESTRELA:

Ama (Tolosa, Guipuzkoa)

Ibai (San Sebastián, Guipuzkoa)

Ricardo Temiño (Burgos)

Simpar (Santiago de Compostela)

Ansils (Anciles, Huesca)

Casa Arcas (Villanova, Huesca)

Casa Nova (Sant Sanmartí Sarroca, Barcelona)

Citrus do Tancat (Alcanar, Tarragona)

Divinum (Xirona)

Esperit Roca (Sant Julià de Ramis, Xirona)

Fishology (Barcelona)

La era de los nogales (Sardas, Huesca)

MAE Barcelona (Barcelona)

Prodigi (Barcelona)

Teatro Kitchen & Bar (Barcelona)

Voramar (Portbou, Xirona)

Casas Colgadas Restaurante (Cuenca)

Faísca Bistró (Madrid)

Gofio (Madrid)

Epílogo (Tomelloso, Cidade Real)

Pabú (Madrid)

Sen Omakase (Madrid)

Velasco Abellá (Madrid)

La Casa de Manolo Franco (Valdemorillo, Madrid)

Blossom (Málaga)

Frases (Murcia)

Mesón Sabor Andaluz (Alcalá del Valle, Cádiz)

Origen (Carcaixent, Valencia)

Donaire (Adeje, Tenerife)

Il Bocconcino (Adeje, Tenerife)

Kamezí (Praia Branca, Lanzarote)

Muxgo (As Palmas de Gran Canarias)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos