Un evento benéfico reunirá en Negreira 33 cociñeiros con estrela Michelin
Un evento benéfico reunirá en Negreira 33 cociñeiros con estrela Michelin
Os beneficios serán para a Asociación Síndrome X-Fráxil, unha doenza causante de discapacidade debida a unha alteracion cromosómica
Cinco colectivos de cociñeiros galegos incorpóranse este ano ao evento gastronómico Estrelas no Camiño. Organizarán, do 23 ao 26 de maio, un Bocado Solidario que se suma á recadación de fondos para a Asociación Síndrome X-Fráxil, unha doenza causante de discapacidade debida a unha alteracion cromosómica.
O evento principal de Estrelas no Camiño terá lugar un ano máis en Negreira, na leira de Gonte onde os irmáns de Casa Barqueiro lograrán reunir este ano máis de 300 persoas, que desgustarán un menú elaborado polos chefs máis importantes do país.
"Veñen trinta e tres chefs que suman oitenta estrelas Michelin. É un evento benéfico. Facemos unha comida, a xente paga unha entrada e os beneficios van para a Asociación Síndrome X-Fráxil", declarou Rogelio Rial, de Casa Barqueiro.