Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Cagiao: "É un soño ser o cartel, saír co número un e gañar na proba da casa"

Jorge Cagiao: "É un soño ser o cartel, saír co número un e gañar na proba da casa"

O piloto naronés foi profeta na súa terra e é máis líder da Copa de España de Rally de Asfalto

G24.gal 22/07/2023 21:55

Tras aproveitar a ausencia do coruñés Alvaro Muñiz na anterior cita do certame disputada nas Canarias, Jorge Cagiao chegaba de líder ao Rally de Narón e con gañas de amosar que o Alpine ademais de espectacular é moi rápido. E así o fixo en oito dos dez treitos dos que constaba a proba, a última do certame que se disputará en Galicia.

"É un soño xa ser o cartel do rally da casa, saír co número un e poder honrar a esta proba. Ademais gañamos na casa así que non podemos pedir máis. Saímos primeiros do campionato tras loitar contra a choiva. Levamos puntos importantes para o campionato. Fomos os máis rápidos en oito treitos con diferencias moi pequenas, moi xustiñas, pero nunca baixamos a garda. Corremos todo o  que puidemos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos