O Celta sobrevive na lameira de Urritxe (2-4)
O Celta sobrevive na lameira de Urritxe (2-4)
Miguel, con gol e asistencia, e Douvikas, con dous goles e unha asistencia, lideraron a remonta
Os vigueses resolveron a papeleta na segunda metade
Empezaba mellor o Celta no encontro. Cedo comenzou a chegar a portería do Amorebieta. No minuto 6, despois dun par de rexeites, Miguel Rodríguez cazou o balón na frontal e cun disparo forte a cepa do pau fixo o 0-1. Con todo, pouco lle durou a alegría aos rapaces de Benítez. Chegada a media hora de encontro, emerxeu a figuro de Rayco, ex do Dépor e do Lugo. Primeiro colgou un centro desde a banda esquerda para que Eneko empurrase o balón no segundo pau. Cinco minutos máis tarde, á saída dun córner, Quintero enganchou unha volea desde a frontal. O balón quedou morto e foi Rayko quen o cazou e o enviou ao fondo da rede.
A segunda metade, o Celta conseguiu darlle volta a papeleta. Un comezo inmellorable deulle a volta ao marcador. Tras unha falta lateral de Sotelo, Douvikas volveuna colgar á área pequena, onde apareceu o debutante, Jailson, para poñer as táboas. Pouco despois chegou o 2-3. Xogadón de Miguel pola dereita, o seu centro picado atopou a Douvikas que, cun cacholazo fixo o 2-3. O Celta mellorou. Williot fixo unha gran xogada pero cun remate que non foi efectivo. O balón quedou na frontal ponde Miguel quixo replicar o seu primeiro gol. Con todo, cando o balón ía entrar, o barro freouno. Aínda así, Douvikas volveu emerxer. Tras unha falta lateral e unha cabezada de Unai, recolleu o balón no corazón do área e fixo o 2-4 definitivo.
Vitoria do Celta coa que consegue o pase a unha nova rolda de Copa. Despois de 6 anos, os vigueses conseguen pasar aos oitavos.
Benitez deulle un gran valor a esta vitoria
"Ten un mérito especial polas condicións. O campo estaba moi difícil, o rival apertaba moito. Este tipo de partido cando te pos por debaixo no primeiro tempo, necesitas reaccionar".