Jorge Martín, campión do mundo de Moto GP
Jorge Martín, campión do mundo de Moto GP
O piloto madrileño acada o título despois dunha gran pelexa con Bagnaia
O piloto español Jorge Martín proclamouse campión da categoría raíña do motociclismo, Moto GP. Acabou de terceiro na última proba da temporada celebrada en Barcelona e garantiu o título impoñéndose a Bagnaia.
Martín rozou o título a temporada pasada, en que rematou de segundo clasificado por detrás do italiano. Pero neste 2024 deulle a volta á clasificación grazas á súa gran regularidade. Estivo no podio en once probas e, aínda que só gañou tres grandes premios, ningún outro piloto puido achegarse aos seus números. Só cometeu dous erros (Alemaña e Indonesia), insuficientes para quitarlle o primeiro posto.
Jorge Martín é o quinto español en lograr o título en Moto GP tras Álex Crivillé (1999), Jorge Lorenzo (2010, 12 e 15), Marc Márquez (2013, 14, 16, 17, 18, 19) e Joan Mir (2020).