Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Vilda cruza o estreito e dirixirá a selección de Marrocos

Jorge Vilda cruza o estreito e dirixirá a selección de Marrocos

G24.gal 12/10/2023 20:52

A Federación de Fútbol de Marrocos anunciou este xoves a contratación do exseleccionador español Jorge Vilda como novo adestrador do equipo nacional feminino. Vilda, ata o pasado 5 de setembro técnico de España, coa cal se proclamou campión do Mundo, ocupa o posto do francés Reynald Pedros. 

A Federación agradeceu o traballo de Pedros, en especial pola clasificación para a segunda rolda do último Mundial, pero aposta polo adestrador que logrou o título. Vilda dirixiu a España desde 2015 ata o pasado mes de agosto. Firma un contrato de catro temporadas e afrontará un proxecto ambicioso no país norteafricano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar