Cargando resultados...
José Díaz: " En 'Ariel' preguntámonos ata que punto somos libres ou non"
Ariel revisita a peza de Shakespeare, A tempestade, que puxo en escena a compañía Voadora no 2014
Ariel tivo a súa estrea mundial esta fin de semana no Festival de Rotterdam
Un fotograma do filme Ariel de Lois Patiño
G24.gal
03/02/2025 13:37
Última actualización 03/02/2025 17:50
O director galego Lois Patiño estreaba esta fin de semana no Festival Internacional de Rotterdam o seu último traballo 'Ariel'. Un proxecto que explora e reinterpreta textos de Shakespeare a través dun relato entre a ficción e a non ficción que transcorre nas illas dos Azores. É unha coprodución entre España e Portugal na que participan actores profesionais, pero tamén afeccionados.