Publicador de contidos
Publicador de contidos

Josefina segue a fronte da única cestería tradicional que se mantén aberta en Pontevedra

Josefina segue a fronte da única cestería tradicional que se mantén aberta en Pontevedra

Cando colleu o traspaso do negocio, hai 35 anos, na mesma rúa había outras tres cesterías

Di que para comprobar a calidade dos cestos hai que velos directamente

G24.gal 04/04/2024 14:59 Última actualización 04/04/2024 16:26

O uso tradicional dos cestos cambiou moito nas últimas décadas e a maneira de vendelos tamén, agás para Josefina. Ela mantén aberta aínda en Pontevedra a cestería da que se fixo cargo hai máis de tres décadas, cando a rúa Real de Pontevedra era a rúa dos cestos.

Daquela había outros tres negocios máis coma o seu. Hai tempo xa que é a única cestería que pervive alí. Malia o cambio das tendencias comerciais, Josefina segue mantendo a tenda dos cestos porque valora este traballo artesanal e gústalle contribuír a que se coñeza e se recoñeza. 

"As cesterías estamos en perigo de extinción, desde logo".

Di que para apreciar ben a calidade non hai coma ver o produto directamente. Goza tamén explicando a historia de moitos cestos que hoxe teñen outros usos, coma os de tapa nos que se levaban as galiñas ou coellos á feira ou os dos carpinteiros. En tempos, eles levábanos ao lombo coa ferramenta de traballo e hoxe di que llos compran sobre todo para a leña.  

"Úsanse para todo, para plantas, para a froita, para recoller as cousas do campo, os tomates, os cogomelos... para o ferro de pasar...".

Lamenta a perda de modelos tradicionais únicos que foron desaparecendo cos seus creadores. O que polo de pronto vai permanecer é a súa cestería, porque di que lle compensa a moitos niveis, sobre todo para ter a cabeza entretida e estar con xente. 

Josefina recomenda ver o produto directamente para poder comparar calidades Josefina recomenda ver o produto directamente para poder comparar calidades
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade