Joselu Mato asiste á súa homenaxe en Silleda
Joselu Mato asiste á súa homenaxe en Silleda
O campo de fútbol da vila levará o seu nome
Asistiu ao acto entre o púbico Noel López, ex-xogador do Deportivo
Este 27 de xuño de 2023 será un día que Joselu Mato nunca esquecerá, pois na súa vila, Silleda, realizóuselle unha homenaxe que rematou co cambio de nome do seu campo de fútbol.
A mañá comezaba no concello coa firma do seu libro de honra e remataría no, ata hoxe nomeado, Outeiriño. Dende hoxe pasará coñecerse como o Estadio de fútbol Outeiriño Joselu Mato.
O novo dianteiro do Real Madrid deixou claro o agradecido que se sentía por todos estes actos e recalcou o orgullo que sinte por ser da comarca. Tamén falou sobre os xogadores galegos, afirmando que existe unha gran xeración de futbolistas galegos e que o fútbol galego está medrando moito, desexando que "oxalá siga así".
Na ceremonia podíase diferenciar a un espectador especial, Noel López. O ex-xogador do Deportivo da Coruña e actual xogador do Real Madrid Castela, tamén naceu e deu os seus primeiros pasos no fútbol nese campo. Ambos remataron sacándose moitas fotografías cos máis mozos e deixándolles unha experiencia que nunca esquecerán.