Joselu retírase do fútbol considerado como unha lenda do Rácing de Ferrol
Joselu retírase do fútbol considerado como unha lenda do Rácing de Ferrol
É o máximo goleador histórico do cadro departamental, con 119 goles
A súa intención é seguir vencellado ao club
Joselu Gómez Pérez (10-6-87) retirouse oficialmente do fútbol o día do seu 36 aniversario. A Malata quixo premialo cunha homenaxe no minuto 22 do partido diante do Amorebieta. Marcha un xogador que xa forma parte da historia do Rácing. Chegou ao club en 2014 e nove anos despois marcha como o máximo goleador histórico do cadro departamental, superando en dez goles o seu excompañeiro e amigo Pablo Rey.
Joselu marcou 119 goles coa camisola do Rácing. Pasou por momentos gloriosos (30 goles na 2B a temporada 15-16) e tamén por intres moi duros como o descenso a Terceira División. Nunca quixo deixar o club malia ter ofertas de categorías superiores. E acaba deixándoo onde sempre quixo chegar, ao fútbol profesional.