Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joselu: "Soñei con este momento desde que marchei, estou moi emocionado"

Joselu: "Soñei con este momento desde que marchei, estou moi emocionado"

Levará o número 14, dorsal que quedou libre a pasada campaña tras a marcha de Casemiro

G24.gal 20/06/2023 11:36 Última actualización 20/06/2023 11:42

O galego Joselu Mato, última incorporación do Real Madrid, cedido polo Español, expresou este martes no seu regreso ao conxunto branco que “levar o escudo do Real Madrid no peito é a honra máis grande que se pode ter”.

“As emocións son moi grandes hoxe. Gustaríame agradecer a confianza ao presidente do club”, manifestou no seu acto de presentación celebrado na cidade deportiva de Valdebebas.

"Soñei con este momento desde que marchei, estou moi emocionado"

“Desde sempre, ala Madrid!”, engadiu. O dianteiro, que xa vestira a camiseta do Real Madrid durante dúas tempadas, 2010-2012, alternando entre o Castela e o primeiro equipo, levará o número ‘14’, dorsal que quedou libre a pasada campaña tras a marcha do centrocampista brasileiro Casemiro ao Manchester United.

Joselu, actual campión da liga das Nacións coa selección española, aproveitou tamén para dar as grazas ao Español, conxunto no que militou a pasada tempada e que descendeu á Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar