Publicador de contidos
Publicador de contidos

O maior Josep Lluís Trapero será o director xeral dos Mossos d'Esquadra

O maior Josep Lluís Trapero será o director xeral dos Mossos d'Esquadra

O nomeamento prodúcese tras a crise xerada pola fuxida do expresident catalán Carles Puigdemont  o pasado 8 de agosto

G24.gal 26/08/2024 18:30 Última actualización 26/08/2024 18:40

A conselleira de Interior, Núria Parlon, destituíu o ata o de agora comisario xefe dos Mossos d'Esquadra, Eduard Sallent, e substituíuno por Miquel Esquius, que xa estivo á fronte da policía catalá entre xullo de 2018 e xuño de 2019, tras a etapa do 155.

Así mesmo, confírmase o nomeamento do maior Josep Lluís Trapero como novo director xeral dos Mossos, un anuncio que xa fixo o presidente Salvador Illa durante a campaña electoral.

En conferencia de prensa, Parlon anunciou tamén que a comisaria Alicia Moriana substituirá a Rosa Bosch como número 2 dos Mossos na xefatura da policía autonómica.

Estes nomeamentos prodúcense tras a crise xerada despois da fuxida do expresident catalán Carles Puigdemont na súa fugaz reaparición en Barcelona o pasado 8 de agosto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade