Juan Carlos Escotet, novo presidente do Deportivo
Juan Carlos Escotet, novo presidente do Deportivo
Abanca, propietaria do club coruñés, sitúa o seu presidente como máximo responsable
O Deportivo xa ten novo presidente. É o tamén presidente de Abanca Juan Carlos Escotet Rodríguez. A entidade financeira, máxima accionista do club coruñés, coloca a súa figura principal á fronte da entidade logo da renuncia de Álvaro García Diéguez hai unhas semanas.
O novo Consello ten outras tres caras novas: a de Massimo Benassi, que pasa a ser o novo Conselleiro Delegado reforzando a súa posición dentro do Deportivo; a de Marta Fernández Currás, exconselleira de Facenda da Xunta e secretaria de Estado de presupostos no Goberno de Mariano Rajoy, e a de Benito Couceiro, que fora director de relacións laborais en Abanca.
Tamén gaña peso Michelle Clemente Escotet, sobriña do novo presidente e exfutbolista. Será a nova vicepresidenta e reforza a aposta polo fútbol feminino, que este ano volveu á máxima categoría. Mantéñense tamén como conselleiros Carlos Ballesta e Vicente Fernández.