Juan Carlos Unzué, unha lección de vida: "A vida merece a pena"
Juan Carlos Unzué, unha lección de vida: "A vida merece a pena"
Recoméndalles aos xogadores da canteira que teñan paciencia
Juan Carlos Unzué volveu a Vigo. O exadestrador celeste, que padece esclerose lateral amiotrófica, está a facer unha labor potentísima de divulgación e concienciación sobre a súa doenza. Unha lección de vida.
Para seguir con ese traballo, visitou os xogadores do primeiro equipo. Con moitos, ata seis deles, xa coincidira no seu día. Falando tamén de fútbol, Uzué recoméndalles aos xogadores da canteira que teñan paciencia.
Puxo de exemplo a Brais Méndez, internacional e nun grandísimo momento de forma. Brais di que os novos teñen que facer minutos e non ter présa.
Unzué, nunha emotiva e didáctica charla, disertou sobre como xestionar e convivir con esta enfermidade -"a vida merece a pena"- foi un das súas mensaxes, e como pode colaborar a sociedade.
❝𝐴 𝑝𝑒𝑠𝑎𝑟 𝑑𝑒 𝑡𝑜𝑑𝑎𝑠 𝑙𝑎𝑠 𝑑𝑖𝑓𝑖𝑐𝑢𝑙𝑡𝑎𝑑𝑒𝑠,
— RC Celta (@RCCelta) February 8, 2022
𝑙𝑎 𝑣𝑖𝑑𝑎 𝑚𝑒𝑟𝑒𝑐𝑒 𝑙𝑎 𝑝𝑒𝑛𝑎❞ 🕊️
Emotivo, didáctico y enriquecedor reencuentro de Unzué con el RC Celta 💙 ¡Gracias por tu lección de vida, Juan Carlos! 👏#VivirValELAPena #FundaciónCelta