Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gestal pide prudencia nas vacacións, pero cre que os contaxios baixarán en xullo

Gestal pide prudencia nas vacacións, pero cre que os contaxios baixarán en xullo

O catedrático emérito da USC admite que o virus se está a transmitir con facilidade

Lembra que as infeccións son leves agás nos maiores e persoas vulnerables

G24.gal 02/07/2022 13:51

Juan Gestal, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da universidade de Santiago (USC), non quere falar de sétima vaga porque cre que agora estamos nunha situación epidemiolóxica moi distinta.

"Do 22 de abril ata o 15 de maio tiemos incidencias superiores a esta, non temos unha sobrecarga do sistema sanitario, está todo funcionando ben, estamos convivindo co virus".

Admite que as subvariantes da ómicrom son moi contaxiosas e burlan facilmente a inmunidade das vacinas, pero non se están rexistrando casos graves. Lembra que as persoas maiores seguen sendo as máis vulnerables. Por iso pide prudencia para evitar os contaxios, e tamén as reinfeccións que se están detectando.

 "Ao mellor a mediados de xullo pode estar diminuíndo, pero todo depende dos contactos interpersoais, agora hai festivais e todo iso; tamén da sublinaxe BA4 e BA5 que ten moita responsabilidade neste aumento".

Cre que a Axencia Europea do Medicamento aprobará en setembro novas vacinas que servirán para administrar a cuarta dose a maiores de 80 anos e persoas vulnerables.

Descarta que esa cuarta dose se deba administrar a toda a poboación e fai un chamamento ás persoas que non se vacinaron para que o fagan. Asegura que en Galicia o 40 % da poboación de 20 a 29 anos non ten a dose de reforzo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade