Juan Quintas "Quedan tres partidos e queremos rematar o máis alto posible"
Juan Quintas "Quedan tres partidos e queremos rematar o máis alto posible"
O triunfo cangués certifica case matemáticamente a permanencia na Liga Asobal
O Gatañal foi unha festa para celebrar o triunfo do Cangas ante un Antequera que, pese a estar descendido, puxo en moitos problemas ao conxunto de Nacho Moyano. A pé de cancha falou o capitán Javi Quintas.
"Sabiamos que a pesar de levar tan só 5 puntos eran un equipo que nos ía poñer as cousas ben difíciles. Se non xogas ao 110 por cen calquera equipo pode gañarche e eles, ademais, que non tiñan nada que perder. Eles foron gol a gol e nós, coa tensión de que era un partido importante, no descanso buscamos a tranquilidade"
Coa permanencia xa acadada, o capitán quere pechar unha temporada histórica da mellor maneira posible.
"Logo do gran traballo desta temporada, do equipo, do corpo técnico, é unha pena que coa primeira volta que fixemos sería unha mágoa quedar tan abaixo. Igual non o xoño de Europa, pero quedar pretiño, polo menos loitalo. Quedan tres partidos e ogallá entre os oito primeiros"