Juan Riveiro "A temporada foi impecable"
Juan Riveiro "A temporada foi impecable"
O técnico do Arteixo celebra o ascenso a Terceira División
Un gol no tempo de desconto permitiulle ao conxunto arteixán superar o seu rival, a S. D. Sarriana, no average e ascender de maneira matemática a terceira división, categoría á que regresa moitos anos despois. Juan Riveiro valorou o partido e o obxectivo acadado.
"Moi ledo porque é o broche a un traballo practicamente impecable. Agora teremos unha fin de semana para desfrutar. Penso que o partido cimentouse na 1ª parte. Non deixamos xogar a Sarriana. Na 2ª parte houbo máis tranquilidade. Tentamos manter ao equipo e dar velocidade nas bandas. Hai que pasalo mal porque estes partidos son así. Non iamos polo terceiro, non vou mentir. Tiñamos confianza en nós mesmos para acadalo na última xornada, pero mellor así, que teremos tempo para gozalo"