Publicador de contidos
Publicador de contidos

Saavedra, logo de gañar a terceira medalla paralímpica: "Agardo seguir sumando máis"

Saavedra, logo de gañar a terceira medalla paralímpica: "Agardo seguir sumando máis"

O tirador pontevedrés acadou o bronce na distancia de 10 metros e foi cuarto en 50 metros

G24.gal 06/09/2024 22:08

O tirador pontevedrés Juan Saavedra atendeu á Televisión de Galicia unha vez rematada a súa competición en París e antes de volver a Galicia coa terceira medalla paralímpica da súa carreira. Saavedra estaba ledo polo conseguido pero consciente de que o resultado puido ser mellor. 

Nos 10 metros conseguiu o bronce "pero estaba tirando para acadar o ouro", asegurou na entrevista. "Tiven dous erros puntuais froito da tensión e iso penalizoume baixándome do primeiro posto ao terceiro, a competición de alto nivel é así" asegurou Saavedra. 

A súa especialidade son os 50 metros onde dominou na clasificatoria. Pero na final o seu rendemento baixou. "Tiven a mala sorte de que ao comezo da final derramóuseme o tope de man da carabina. Iso fixo que fose moito máis difícil precisar os tiros, pensei en abandonar e ser cuarto foi un milagre", recoñeceu. 

Juan Saavedra falou do moito que medrara o nivel nos últimos ciclos olímpicos e que agarda seguir dando guerra para os vindeiros Xogos en Los Ángeles onde agarda seguir coleccionando medallas. Saavedra leva tres (Londres, Toquio e París) e quere seguir sumando máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar