Judith Rodríguez: "Tras o accidente, o deporte da esgrima salvoume a vida"
Judith Rodríguez: "Tras o accidente, o deporte da esgrima salvoume a vida"
Judith Rodríguez proclamouse na cidade brasileira de São Paulo campioa da Copa do Mundo de esgrima en cadeira de rodas
Sufriu un accidente de coche o 10 de xuño de 2018 e tiveron que amputarlle unha perna
Judith Rodríguez pasou por 'A revista' para falar da súa historia e como o deporte salvoulle a vida
Judith Rodríguez proclamouse na cidade brasileira de São Paulo campioa da Copa do Mundo de esgrima en cadeira de rodas, en espada, no que supón o mellor resultado da esgrima paralímpica española nos últimos doce anos.
A súa é unha historia de superación. A esgrima érao todo para ela. Adestraba, competía, era árbitra, daba clases a nenos... Tiña 22 anos e era unha das grandes promesas nacionais. Tiña todo o futuro por diante cando sufriu un accidente de coche o 10 de xuño de 2018.
Volvía a casa de participar no Campionato de España de Clubs que se disputaba en Boadilla del Monte (Madrid) e no que gañara a prata por equipos. Os médicos tiveron que amputarlle a dereita por baixo do xeonllo. O seu brazo dereito tamén quedou esnaquizado. Leva dous anos de operacións e rehabilitación.