Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts e ERC, dispostos a suspender a investidura se Puigdemont é detido

Junts e ERC, dispostos a suspender a investidura se Puigdemont é detido

O presidente do Parlament convoca para o xoves o pleno para investir a Illa

Aragonès despídese asegurando que Cataluña está mellor que hai 4 anos

Antón Montero 06/08/2024 19:04 Última actualización 06/08/2024 20:08

Tras consultar a todas as forzas con representación no parlament, o seu presidente Josep Rull constatou que Salvador Illa xa ten amarrados os 68 votos necesarios para ser investido.

"Tres destes grupos parlamentarios expresáronme a súa vontade de investir a Salvador Illa presidente da Generalitat", confirmou Rull.

O pleno de investidura será o xoves ás 10 da mañá se Carles Puigdemont non o impide. O regreso a España e a previsible detención do expresident podería dinamitar todos plans.

Jordi Turull, secretario xeral de JxCat, cre que  "se o seu referente, o cabeza de lista, o deputado de Junts é detido e non pode participar no pleno do Parlament, pediremos que ese pleno non se celebre".

A investidura ten como data límite o 26 de agosto, por iso Esquerra ábrese a secundar a petición de Junts. "Se se producise algunha detención, teremos que valora que facemos. E unha opción que ten moito peso é suspender ou adiar o pleno", dixo a voceira republicana, Marta Vilalta.

PP e VOX instaron o presidente do Parlamento a evitar incidentes. Ignacio Garriga, líder de VOX en Cataluña, esixiulle a Rull "que non colabore na humillación ao pobo español permitindo a entrada dun delincuente, dun prófugo da xustiza como é o señor Puigdemont a esta casa".

Salvo sorpresa, o deste martes foi o derradeiro consello de Govern de Pere Aragonès. Di que deixa Cataluña mellor do que a atopou e gábase do acordo de soberanía fiscal cos socialistas "que vai supoñer o salto adiante máis importante no autogoberno desde a recuperación da Generalitat en 1977".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade