Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Mossos certifican que o CNI espiou o teléfono de Aragonès sen aval xudicial

Os Mossos certifican que o CNI espiou o teléfono de Aragonès sen aval xudicial

O expresidente catalán di que chegará ata o final na esixencia de responsabilidades

As conclusións da análise policial do móbil coinciden coas da pericial informática que Aragonès achegou ao xulgado

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 19/12/2024 17:54 Última actualización 19/12/2024 20:23

O móbil do expresidente catalán Pere Aragonès estivo infectado co programa espía Pegasus durante un ano desde 2018 sen contar co aval do Tribunal Supremo, que non autorizou ao CNI para espialo ata xullo de 2019, segundo conclúen os Mossos d'Esquadra tras analizar o seu teléfono por encargo do xuíz.

A policía catalá entregou ao titular do Xulgado de Instrución número 29 de Barcelona, Santiago García, o seu informe sobre o exame forense efectuado ao móbil de Aragonès, que o pasado mes de setembro facilitou o seu teléfono para que fose analizado.

As conclusións da análise do móbil coinciden coas da pericial informática que Aragonès achegou ao xulgado xunto coa querela que presentou polo ataque con Pegasus. Nesa pericial revélase que o exdirixente de ERC tivo o móbil infectado entre xullo de 2018 e marzo de 2020, máis aló do período en que a espionaxe do CNI contaba con cobertura xudicial. 

"Iremos ata o final"

O expresidente da Generalitat Pere Aragonès esixiu este xoves que "o CNI e todos os implicados" na espionaxe do que foi obxecto o seu móbil asuman a "responsabilidade" polo ocorrido: "Iremos ata o final".

"2018. 2019. 2020... Toda a miña vida persoal e política, espiada ilegalmente con Pegasus. Agora certifícao tamén unha análise pericial policial. É a enésima demostración. O CNI e todos os implicados deben asumir a responsabilidade. Iremos ata o final. Non vale todo. Seguimos!", escribiu Aragonès na rede social X.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade