Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junts reclama soberanía fiscal e ERC, un financiamento singular para Cataluña

Junts reclama soberanía fiscal e ERC, un financiamento singular para Cataluña

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, pecha a porta a transferir todos os impostos a Cataluña e remite a negociación do financiamento autonómico a un debate con todas as comunidades

G24.gal 13/03/2024 14:49

O ministerio de Facenda publicou a primeira quenda de datos en bruto para calcular as balanzas fiscais das comunidades autónomas, tal e como pactara con Junts. O líder do partido, Carles Puigdemont, cre que esta información servirá para abordar o debate sobre a soberanía fiscal de Cataluña.

Pero a ministra María Jesús Montero non parece disposta a ceder a totalidade dos impostos. "Cada comunidade autónoma de réxime común está recadando os chamados tributos cedidos, ou tributos propios, e non hai ningún interese en cambiar esa situación", aseguroulle aos xornalistas.

Para ERC, non hai novidade neses datos, simplemente confirman que Cataluña está infrafinanciada, "ou por unha extrema incompetencia ou por unha flagrante mala fe", segundo a súa voceira no Congreso, Teresa Jordà.

Respondeulle Pedro Sánchez na sesión de control na cámara baixa, asegurando que "o Goberno de España está cumprindo con Cataluña". Insta, ademais, aos independentistas a apoiar os próximos presupostos do Estado.

Pero os republicanos esixen primeiro que se cumpra o xa pactado. Teresa Jordà pídelle que "acelere o financiamento singular" de Cataluña porque "ese é o acordo que subscribimos con vostede para investilo presidente".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade