Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kate Middleton reaparece por sorpresa durante as súas vacacións en Balmoral

Kate Middleton reaparece por sorpresa durante as súas vacacións en Balmoral

Canda o seu marido, o príncipe Guillerme, Carlos III e Camilla, a princesa de Gales acudiu á misa dominical na igrexa escocesa de Crathie Kirk

A princesa, á súa chegada á igrexa en Escocia este domingo A princesa, á súa chegada á igrexa en Escocia este domingo
G24.gal 25/08/2024 18:45

A última aparición pública de Kate Middleton foi durante a final de tenis en Wimbledon. Un mes despois, e por sorpresa, a princesa de Gales reaparece na misa celebrada na igrexa de Crathie, en Balmoral, onde os reis, Carlos III e Camilla, canda outros membros da familia real gozan das vacacións de verán.

Captárona no asento do copiloto dun vehículo que conducía o príncipe Guillerme no que tamén viaxaba o príncipe Xurxo. A prensa británica publicou as imaxes.

Apuntan a que Kate Middleton se deixou ver animada e riseira, chegando á misa xunto ao seu marido. Levaba un traxe en ton camel que combinou cun chapeu marrón con plumas de faisán, o mesmo que utilizou hai un ano durante un servizo relixioso. As cámaras dos reporteiros gráficos apostados no lugar captaban as primeiras imaxes súas no interior dun Range Rover que conducía o príncipe Guillerme.

Unha nova aparición pública de Kate Middleton que constata que segue a avanzar de xeito positivo no seu tratamento contra o cancro.

Aínda que hai uns días soubemos que asistira con Guillerme e os seus fillos ao Festival de Holkham Hall, en Norfolk, esta é a primeira vez en bastantes meses que vemos a princesa de Gales nun acto destas características este ano.

Desde que revelou que padece cancro fixo dúas aparicións públicas en eventos moito máis organizados que unha misa en familia: a celebración do Trooping the Colour e Wimbledon, onde asistiu xunto á princesa Carlota e a súa irmá Pippa Middleton, para entregar o trofeo ao vencedor do campionato, Carlos Alcaraz, por segundo ano consecutivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade