Publicador de contidos
Publicador de contidos

A raíña reuniuse con entidades sociais que traballan na atención dos afectados pola DINA

A raíña reuniuse con entidades sociais que traballan na atención dos afectados pola DINA

Filipe VI regresará o vindeiro martes a Valencia para visitar as unidades militares que traballan na recuperación das zonas afectadas e tamén ao buque militar Galicia

G24.gal 09/11/2024 20:25

Filipe VI regresará o vindeiro martes a Valencia para visitar as unidades militares que traballan na recuperación e limpeza das zonas afectadas e tamén ao buque militar Galicia, que axuda neses labores. 

Mentres, a raíña Letizia reuniuse este sábado en Zarzuela con entidades sociais de ámbito nacional, que están a traballar na atención das persoas que sofren as consecuencias da DINA.

A raíña coñeceu de primeira man o labor que están a desenvolver e agradeulles a Cáritas, Cruz Vermella, a Plataforma do Voluntariado de España, a Rede Europea da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social e a Plataforma da Infancia a súa axuda ás vítimas das inundacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade