Kiptum esnaquiza a mellor marca de todos os tempos no maratón de Chicago
Kiptum esnaquiza a mellor marca de todos os tempos no maratón de Chicago
Baixou en cincuenta segundos o anterior récord do mundo, en mans de Kipchoge
Kiptun completou o percorrido en 2 horas e 35 segundos
O kenyano Kelvin Kiptum estableceu o novo rexistro do mundo no maratón ao gañar en Chicago, un dos seis grandes da temporada, cun tempo doutra galaxia, 2 horas e 35 segundos, mellorando en case un minuto a marca do tamén kenyano Eliud Kipchoge (2 horas, 1 minuto e 25 segundos).
Kimptun quedara a 16 segundos da marca de Kipchoge no Maratón de Londres e asinou unha fazaña en Chicago, onde lle quitou a coroa ao seu compatriota Benson Kipruto.
Kiptum, de 23 anos, dominou na Cidade do Vento de principio ao final e cruzou a meta botando os brazos ao ceo, consciente da importancia do rexistro, e cunha bandeira de Kenya, o berce dos maratonianos.