Cargando resultados...
A Academia Galega da Ciencia acolle cinco novos membros
A Academia Galega da Ciencia acolle cinco novos membros
A Real Academia Galega de Ciencias abriu o curso 2022 e acolleu cinco novos membros
G24.gal
22/02/2022 21:22
Desde este martes, a Real Academia Galega de Ciencias conta con cinco novos membros.
O pazo compostelán de San Roque abriu o curso 2022 coa benvida a cinco novos académicos: María Soledad Soengas, bióloga molecular; Ana Cebreiro, economista; Aníbal Ollero, catedrático e director do Laboratorio de Robótica da Universidade de Sevilla; Manuel Tello, doutor en Física, e Ángel Sanjurjo, director do Laboratorio de Ciencias Materiales do Stanford Research International dos Estados Unidos.