Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lalín revive a malla do centeo cunha xornada festiva na parroquia de Doade

Lalín revive a malla do centeo cunha xornada festiva na parroquia de Doade

Unhas 70 persoas participan nesta celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia

A recreación destes antigos traballos, que permitiron durante séculos dispoñer de cereal nas casas para cocer o pan, está promovida polo Museo Etnográfico Casa do Patrón

G24.gal 19/08/2023 16:52 Última actualización 19/08/2023 17:39

Nada máis chegar as vacas da eira co carro cargado de centeo, a veciñanza de Doade comezaba a faena. Primeiro descargaron os mollos e foron facendo a meda para despois mallar o cereal na pedra e separar así o gran da palla.

"Recreamos todas as modalidades históricas que houbo na malla, á pedra que xa se practicaba nos castros, a malla cos males que se facía no antigo Exipto, logo cunha malladora manual e finalmente con tractor", di Manuel Blanco xerente do museo Casa do Patrón.

Unhas 70 persoas participan na recreación destes traballos tradicionais dun tempo en que o pan era un alimento fundamental nas casas.

"As mallas eran tamén moi importantes polo sentimento de unión. Ti podías estar enfadado cun veciño e non falar con el en todo o ano, pero o día da malla ti ías axudar e el viña axudarche", conta Amparo, que participa na organización  da malla.

"Para que serve?, para recordar os nosos antepasados que fixeron estes traballos ao longo de centos de anos. É un traballo moi sacrificado e o maior traballo comunitario, que se fixo en Galicia durante séculos", explica Manuel Blanco, xerente da Casa do Patrón.


A chegada das colleitadoras simplificou os traballos e supuxo a desaparición das mallas comunitarias, que cada ano recuperan en Lalín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos