Lapeña: "Hai que poñer os cinco sentidos porque nestas xornadas non podes fallar"
Lapeña: "Hai que poñer os cinco sentidos porque nestas xornadas non podes fallar"
O central volveu á titularidade pola baixa de Pepe Sánchez
Adrián Lapeña abriu a quenda de declaracións no Deportivo nesta semana de derbi contra o Racing de Ferrol. O central, que volveu á titularidade pola baixa de Pepe Sánchez, considera que é o momento dar un paso adiante a domicilio, onde cre que o problema non está nos pés e si na cabeza:
"É xa un tema emocional. Non estamos a conseguir sacar os partidos adiante e cando se nos dan situacións que non esperamos, que non nos gustan, entramos nun bucle de non xestionalas. Temos que mirarnos cada un, tratar de xestionar eses pensamentos internos".
Lapeña é consciente de que entran na fase decisiva do campionato:
"Son as xornadas máis importantes. Hai que poñer os cinco sentidos, hai que facer as cousas case á perfección porque nestas xornadas non podes fallar".