Laporta pensa en Messi: "Cómpre darlle un final esplendoroso"
Laporta pensa en Messi: "Cómpre darlle un final esplendoroso"
O presidente do Barcelona sacou peito polas fichaxes e asegura que "competirá por todo"
Laporta, logo de activar as súas famosas "palancas económicas", polas que vendeu dereitos de televisión do club para os vindeiros 25 anos, pechou fichaxes que hai días parecían imposibles. Tan satisfeito está coas súas operacións que agora pensa xa en recuperar ao símbolo culé que perdeu nada máis recuperar a presidencia: Leo Messi.
Pois mentres tanto, Messi segue ó seu. Meter goles. De tódalas cores, e ante quen sexa. Agora coa camisola do PSG. Onte o equipo de parís goleou ó Gamba Osaka de Xapón. Abriu a lata o español Pablo Sarabia, e pouco despois marcaba o astro arxentino. E Neymar tamén demostrou as súas dotes, as futbolísticas e as interpretativas. Ó final, dous a seis para os do Parque dos Príncipes.