Cargando resultados...
Laura Verdonshot e Jens Dekke triunfan nas Pontes
Laura Verdonshot e Jens Dekke triunfan nas Pontes
Foi na terceira proba da Copa de España de ciclocrós
G24.gal
12/10/2023 15:35
Última actualización 12/10/2023 15:41
Esta mañá houbo o ciclocrós das Pontes. Neste fermoso circuíto de 3.300 metros logrou a vitoria Laura Verdonshot na terceira proba da Copa de España de ciclocrós. A ciclista belga superou a valenciana Sofía Rodríguez. A líder da Copa de España, a asturiana Lucía González, foi terceira.
En homes e na parte final da carreira Jens Dekker superou o alacantino Felipe Orts. O ciclocrosman neerlandés mantivo despois a vantaxe para cruzar a meta das Pontes ganando esta terceira proba da Copa de España, que puideron ver na G2.