Xulio Conde "A perseveranza cos rapaces é o segredo para seguir sacando corredores"
Xulio Conde "A perseveranza cos rapaces é o segredo para seguir sacando corredores"
O director deportivo do CC Maceda atendeu a Radio Galega na proba da copa Galicia disputada en Nigrán
A localidade do Val Miñor acolleu á ultima cita da Copa Galicia de ciclocrós, nunha xornada con boa temperatura e ducias de corredores nas moitas categorías presentes. Ata alí se desprazou a Radio Galega e puido conversar con organizadores e varios dos participantes. Un deles foi o director deportivo do Club Ciclista Maceda Xulio Conde.
"A anterior proba fíxose na nosa casa, é unha proba consolidada no calendario galego, e con resultados positivos. Esta zona é espectacular, e ten ese 'barrillo' que tanto nos gusta. Unha xornada de ciclocrós perfecta. Sempre tivemos corredores destacados no noso club e agora tentamos manterlles a paixón por este deporte. A perseveranza cos rapaces é o segredo para seguir sacando corredores. É un deporte que require moita xente detrás".