Proba do sistema de alertas por mensaxe
Proba do sistema de alertas por mensaxe
En Galicia probouse no concello de Maceda
A través do teléfono móbil avísase a toda a poboación afectada pola emerxencia
A proba do sistema estatal de alertas por mensaxe de móbil chega a Galicia. Este xoves os veciños do concello de Maceda recibiron a mensaxe do 112. Foron os primeiros en Galicia en recibir as mensaxes de Protección Civil para probar o novo sistema de alertas á poboación ES-ALERT. No móbil soa un pito que anuncia esta proba. Trátase dun test de aviso masivo á poboación e o receptor non ten que realizar ningunha acción.
Trátase dun ensaio de protección civil para comprobar se funciona correctamente o novo sistema de alerta en caso de emerxencia ou catástrofe. A través do teléfono móbil avísase a toda a poboación da zona afectada. Desta volta foi unha proba pero cando sexan mensaxes reais indicarase cal é o risco e qué debe facer a poboación.