Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa a recollida de produtos non perecedoiros para enviar aos afectados pola DINA

Continúa a recollida de produtos non perecedoiros para enviar aos afectados pola DINA

En Ferrol, a confraría da Merced sumouse ás entidades que organizaron recollidas

En Santiago, Protección Civil continúa recibindo doazóns ata o mércores

G24.gal 03/11/2024 20:04

Desde o local de Protección Civil de Santiago saíu xa o primeiro cargamento de axuda con destino ao concello valenciano de Almusafes. E preparan outro para enviar este luns.

"Pedíronnos auga, leite para nenos e maiores, cueiros para nenos e maiores, biberóns, alimentos non perecedoiros: conservas, legumes, pasta, arroz e produtos de hixiene persoal e calcetíns".
 

Son produtos de primeira necesidade doados pola veciñanza. Está previsto continuar coa recolleita ata o mércores.

"É emotivo dentro dunha traxedia tan grande ver como a xente responde. E logo quero poñer en valor o traballo dos voluntarios de Protección Civil".
 

Entre as voluntarias que acudiron a axudar clasificando o material doado, a alcaldesa da cidade.
 

"Estamos emocionadas da capacidade de solidariedade que ten o concello de Compostela. A  xente entregouse".
 

En Ferrol, a Confraría da Mercé é unha das entidades que recolleu doazóns esta fin de semana.

"É tal a resposta da xente, do pobo, que xa non hai onde meter tanto. Ás 8 pechamos e, co corazón moi cheo, só podemos dicir grazas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade