Publicador de contidos
Publicador de contidos

Leite de cabra ecolóxico en Nogueira de Ramuín

Leite de cabra ecolóxico en Nogueira de Ramuín

José Luis Pombar decidiu dar un xiro a súa vida e pór en valor os terreos que herdou na aldea de Cortecadela, onde montou a única explotación deste tipo en Galicia

G24.gal 15/10/2024 20:47 Última actualización 16/10/2024 08:55

Era o lugar onde os monxes de Santo Estevo gardaban as cabras. Séculos despois, esta aldea de Cortecadela volve ás súas orixes grazas a José Luis Pombar. Marchou sendo un rapaz. Emigrou a México, regresou e ocupou postos de responsabilidade nunha empresa ata que decidiu darlle un xiro á súa vida e montar unha explotación gandeira no lugar onde nacera. Pensou en vacas, pero os terreos xa non se adaptaban, así que acabou mercando cabras de leite.

Empezou con 60 animais e agora xa ten mais de 200. Exemplares de raza florida que unicamente se alimenta do que pacen nestes montes. Moxe ao redor de 150 litros ao día cos que elabora uns 20 queixos. Conta con catro variedades distintas. Por agora, toda a súa produción queda en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade