Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberan en Sálvora tres tartarugas mariñas recuperadas no CEMMA

Liberan en Sálvora tres tartarugas mariñas recuperadas no CEMMA

Este ano houbo moitos varamentos de tartarugas mariñas en Galicia

Chegan ás nosas costas arrastradas polas correntes oceánicas, aturdidas pola baixa temperatura da auga e, ás veces, feridas tras caer nas redes dalgún pescado

G24.gal 02/07/2024 14:31

Arou e Billy vararon na praia e a Afortunada atrapouna sen querer un bo pescador de Fisterra que a entregou ao CEMMA. Son exemplares moi novos, só dous ou tres anos de vida. Case bebés, porque ata os 25 non estarán en idade reprodutiva. Son tartarugas da especie Caretta caretta, que é a que aparece un 95 % de veces nas nosas costas.
 

"Que caian en artes de pesca é unha das causas máis frecuentes polas que temos que ingresalas, pero a outra tamén é porque no inverno os temporais que varren de oeste a leste empúxanas á nosa costa. Se atopan auga demasiado fría entran en hipotermia e deixan de comer. Tamén hai moita incidencia por consumo de plásticos", explicou Xabier Pin, veterinario e presidente do Cemma.


Este foi un ano de moitas tartarugas varadas en Galicia. E por iso o conselleiro do Mar agradeceu o traballo dos científicos do CEMMA que conseguen recuperar o 80 % delas.

As tres tartarugas quedaron libres outra vez, nese ciclo oceánico que as leva a madurar andando a voltas máis de 20 anos arrastradas nas correntes mariñas, acumulando sabedoría para 100 anos de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos